3 de diciembre de 2010

A Bolboreta está moi contenta,

uns novos amigos da Coruña levaron a cabo a iniciativa dos post-it, e foi unha moi agradable sorpresa ver que alí tamén queren ben á poesía.
Foron os rapaces de ProgramArte os que se adicaron a encher de versos as rúas desa cidade. E ao parecer, aínda teñen previsto moito máis.
Non vos olvidedes de pasar polo seu blogue e ver o video do acontecemento. A Bolboreta sentiuse moi identificada porque foi felizmente parecido ao que fixemos aquí o ano pasado.

Para que despois digan por aí que a Poesía non serve para nada!

Deixámosvos unhas fotiños que nos achegaron os de ProgramArte amigablemente.