18 de mayo de 2009

a literatura é sempre unha expedición á verdade (F.Kafka)


Na madrugada do 18 de maio, o Grupo Cultural Bolboreta Curda saíu ás rúas de Lugo co propósito de achegar un pouco de arte aos habitantes.

Varios post-it foron colocados en distintas partes da cidade: a meirande parte en farois e edificios abandoados onde toda a xente coloca os seus panfletos de publicidade e propaganda, asi como todo tipo de anuncios dende búsquedas de alugueiro até ofertas de empleo. Tamén foron colocados algúns destes post-it nalgúns bancos e cabinas telefónicas coa esperanza de que a xente se animase a collelos e disfrutar deles.

Os post-it contiñan frases de autores recoñecidos tanto a nivel local como internacional, como por exemplo Uxío Novoneyra, Cortázar, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Estévez, Marta Dacosta, Neruda, Rosalía de Castro, Xavier Sabater, Méndez Ferrín, Bécquer, Edgardo A.Vigo, María do Cebreiro, Shakespeare, Miguel Brieva, Buda, Miguel González Garcés, Mevlana Jalaluddin Rumi, Mario Regueira, Groucho Marx, Lupe Gómez, Alessandro Baricco, Orhan Pamuk; asi como outros tantos autores menos coñecidos.

Pretendíamos con todo isto achegar á xente a literatura e rendirlle homenaxe, servindo como unha actividade de Animación á Lectura, facéndoo ademais o luns de madrugada para que a xente se sorprendese, por ser este o día máis odiado da semana. Esperábamos así modificar a rutina das mañás dos luns. Esperábamos chamar a atención da xente e motivalos para que buscasen aos autores das citas. Esperábamos fomentar a reflexión, as mensaxes positivas, a esperanza.

Non consideramos que isto sexa ofensivo para ninguén, nin que ler a estes autores sexa un dano para os habitantes de Lugo, senón todo o contrario. O único obxectivo era que a xente vira que hai cousas que non se pagan e que poden estar ao alcance de todos. Esta acción foi realizada sen ánimo de lucro algún. (deixamos aquí algunhas das fotos máis comprometidas, aquelas nas que os post-it eran máis rechamantes)












Sen embargo, ás once e media da mañá os post-it estaban sendo retirados e metidos nunha bolsa de lixo por dúas mulleres con espátulas por mans - supoñemos “mandadas” polo concello- sen que nós comprendamos o motivo, posto que os post-it estaban colgados preto de outros tipos de propaganda nunca retirada nin mal vista.

Comprendemos a retirada dalgúns dos post-it por algún motivo estético para a cidade, pero non comprendemos a retirada dos que estaban nos farois ou nas tuberías externas dos edificios, que albergan todo tipo de propaganda.





video

Pretendíamos unha acción cultural en beneficio da cidadanía, xa que os nosos post-it molestan menos que a maioría da publicidade dos supermercados que adoita estar tirada polo chan en calquera parte da cidade, ou o lixo que se esparce nalgunhas rúas de Lugo. Esta publicidade nunca estivo retirada por comandos de limpeza censuradores.

Moitas conclusións sacamos desta actividade: o concello defende a cultura, pero unha cultura que a eles lles beneficie, unha cultura controlada para anular ás masas e convencer de que iso é o correcto, unha cultura que non poña en perigo os seus ideais, unha cultura que non esperte conciencia na sociedade, supervisada, censurada se é necesario, baseada en pulsións capitalistas, pechada sempre nos mesmos círculos.


colabora con nós difundindo esta información




10 comentarios:

mariademallou dijo...

vós tamén! co peligrosa que é a poesía! e se vai algún neno e a le?!

hai que foderse co concello de lugo...non terán corrupcións abondas nas que entreterse?

muito ánimo dende o sur. o luns que vén ,máis poesía!

ac dijo...

que boa iniciativa! miña nai para poñeren a esas dúas persoas teñen que ter ben pouquiño que facer, penso igual que María!!!
vós seguide adiante, xa se renderán! haberá que cambiar os horarios ou algo así!!!
tedes todo o meu apoio, as rúas son de tod@s!!!

Alfredo Ferreiro dijo...

Eu xa me fixen eco. Ánimo coas actividades na rúa.

vane dijo...

Pareceme unha alternativa maravillosa... achegar a cultura e provocar un sorriso para comenza-la semana. Non entendo o motivo de sacar os posits e deixar os outros "anuncios", dende logo non ten moita razón de ser. De tódolos xeitos recibide o meu apoio e seguide cara adiante: que a bolboreta non deixe de voar!

Ledicia Costas dijo...

Desde logo, hai que ter ganas de incordiar. Vós levando a poesía á rúa e o concello meténdoa en bolsas do lixo. De onde non hai, non se pode sacar...
Parabéns pola iniciativa, paréceme unha boísima idea. Encantaríame espertar un luns, e atopar versos en cada esquina.
Ánimo e saúdos dende Vigo

O pastor eléctrico dijo...

Non vos desanimedes! O concello de Lugo ten o que (case)todos os concellos, que son iso, concellos. Non hai que agardar demasiada colaboración das institucións. A vosa pareceume unha moi boa iniciativa e alégrame saber que na miña cidade natal exista un colectivo destas características.
Difundirei a mensaxe.
Saúdos.

osondaxordeira dijo...

contade comigo pra o que precisedes.

saúdos dende godot

Danilo dijo...

Todos os parabéns e ánimos dende o meu Proxecto-Q. Quizais se empezades a poñer versos de José María Pemán ou Dionisio Ridruejo queden máis tranquilas as autoridades locais...

Ex Traño dijo...

pero a quen se lle ocurre facer iso...
que barbaridad, terroristas do post-it y seguro que non pedistedes permiso no concello, que seguro o deberia de consultar coa conselleria de cultura, a de normalización lingüistica o organismo central de difusión por post-it y sobre todo pagalos dereitos de autor....

bueno por esta vez non habera represalias pero que non se volva repetir, xaa que polo menos fixestedes que duas operarias do concello que ian ser despedidas tuveran que facer durante a mañá


agora en serio saudos e animo coas iniciativas que ultimamente fan moita falta, parece que estuveramos todos mortos

Anónimo dijo...

Quem governa e co-governa em Lugo?
Ah, pois pensei que me iades dizer que os de Feijoo...
Já ves tu que cousas.