3 de diciembre de 2010

A Bolboreta está moi contenta,

uns novos amigos da Coruña levaron a cabo a iniciativa dos post-it, e foi unha moi agradable sorpresa ver que alí tamén queren ben á poesía.
Foron os rapaces de ProgramArte os que se adicaron a encher de versos as rúas desa cidade. E ao parecer, aínda teñen previsto moito máis.
Non vos olvidedes de pasar polo seu blogue e ver o video do acontecemento. A Bolboreta sentiuse moi identificada porque foi felizmente parecido ao que fixemos aquí o ano pasado.

Para que despois digan por aí que a Poesía non serve para nada!

Deixámosvos unhas fotiños que nos achegaron os de ProgramArte amigablemente.








17 de septiembre de 2010

Acción

O venres pasado a Bolboreta Curda saíu ás rúas de Lugo co propósito de repartir poemas polas rúas céntricas de Lugo. O certo é que a iniciativa resultou ser todo un éxito: os cidadáns, na súa maioría, aceptaron moi felices os poemas que entregamos.

Participaron nesta acción anónimos lucenses e madrileños. A Bolboreta agradécelles enormente esta colaboración, tanto aos que repartiron os poemas e tocaron a guitarra como aos fotógrafos e videoartistas que deixaron constancia de tal evento.

Polo que contaron estes participantes a reacción do público foi estupenda na maioría dos casos. Deixámosvos os exemplos máis graciosos e significativos do que nos dixeron e algunhas fotografías:

1.
- Quere un poema?
-Claro que si.

2.
-Quere un poema?
-Así me gusta, que me alegres o día

3.
-Quere un poema?
-Un que?

4. (Unha señora que se achega sen dubidalo):
-Dame uno a mi.! Y dame otro para mi hija!

5.
-Quere un poema?
-No, gracias.
-É gratis.
-No, gracias.

6.
-Quere un poema?
-Pero é que aquí non o podo ler que non vexo, teño que levalo á casa.
-Claro, é para vostede.
-Pero non teño que devolvelo?
-Non, non, é un regalo para vostede, para que o leve á casa.



















-A Bolboreta intenta buscar colaboradores noutras cidades de Galicia. Se tedes unha idea non dubidedes en pedirnos axuda. Recordade que as nosas accións son sempre anónimas e de balde.

-Para calquera dúbida ou suxerencia non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

-Os interesados en colaborar na próxima acción da Bolboreta Curda (aínda por determinar) poden poñerse en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico.

bolboretacurda@gmail.com

-Tamén estamos en Facebook: Agréganos


NOS PRÓXIMOS DÍAS PODEREDES VER O VIDEO DA SITUACIÓN.

7 de abril de 2010

el amor se parece a una pelota de tenis (neorrabioso)


pero algunhas persoas pensan que isto debe ser eliminado de toda parede existente e nós, dende aquí, enviamos todo o apoio que nos é posible a Neorrabioso, porque nos sentimos identificados con el polo que lles aconteceu aos nosos post-it, e porque si, que carallo!

¿¿Será que a literatura é un perigo para a humanidade??

podedes informarvos aquí:







Podedes ver todas as súas pintadas aqui.


13 de diciembre de 2009

Unha carta.





A horas de finalizar a segunda actividade Bolboreta Curda agradece a quen participaron na mesma e espera seguir contando convosco.

Grazas Totais.

29 de noviembre de 2009

próxima actividade!!

Hola amigos de Bolboreta Curda.
Xa temos entre mans a próxima actividade e convidámosvos a participar.
Trátase do seguinte:

1.escribir unha carta dirixida ao carteiro. Pode ser un textiño, un poema, un debuxo...calquera cousa que se vos pase pola cabeza.
2.metela nun sobre, e no destinatario escribimos : “para o carteiro”
3.buscar un buzón de correos e introducila nel


A data para a realización disto (para botala ao buzón) será entre os días 11 e 13 de decembro.
Esperamos que participedes!!

7 de junio de 2009

Desde las entrañas de la Bolboreta

Hemos decidido dejar un tiempo prudencial desde nuestra última obra realizada.

Queríamos a través de este mail agradecer a toda la gente y grupos que nos apoyaron en su momento, eso nos llena de fuerzas para seguir adelante y nos hace comprender que no estamos solos en este camino. Pese a la censura vivida en carne propia Bolboreta Curda seguirá actuando para acercar el arte a la gente, creemos firmemente en este proceso y no lo abandonaremos.

Bolboreta Curda desea aclarar que no está ni en contra ni a favor de ninguna tendencia política. Con nuestra acción, no buscamos ni buscaremos poner en evidencia a ningún poder establecido (ellos ya lo hacen por si solos). Desde nuestra posición sólo ofrecemos arte, cultura o como quieran llamarlo. Respetamos todas las opiniones pero no las asumimos como nuestras. En breves palabras: NO NOS INTERESA LA MEDIOCRIDAD DE LA POLÍTICA Y SU CONFETI.

Este mensaje sirve como excusa también para anunciar que próximamente se realizará un nuevo ataque cultural que esperemos vaya calando cada vez un poco más hondo.

Queridos amigos, desde algún lugar les enviamos un gran abrazo alado y nuevamente les agradecemos vuestro apoyo.


Bolboreta Curda.
7 de junio de 2009.