17 de septiembre de 2010

Acción

O venres pasado a Bolboreta Curda saíu ás rúas de Lugo co propósito de repartir poemas polas rúas céntricas de Lugo. O certo é que a iniciativa resultou ser todo un éxito: os cidadáns, na súa maioría, aceptaron moi felices os poemas que entregamos.

Participaron nesta acción anónimos lucenses e madrileños. A Bolboreta agradécelles enormente esta colaboración, tanto aos que repartiron os poemas e tocaron a guitarra como aos fotógrafos e videoartistas que deixaron constancia de tal evento.

Polo que contaron estes participantes a reacción do público foi estupenda na maioría dos casos. Deixámosvos os exemplos máis graciosos e significativos do que nos dixeron e algunhas fotografías:

1.
- Quere un poema?
-Claro que si.

2.
-Quere un poema?
-Así me gusta, que me alegres o día

3.
-Quere un poema?
-Un que?

4. (Unha señora que se achega sen dubidalo):
-Dame uno a mi.! Y dame otro para mi hija!

5.
-Quere un poema?
-No, gracias.
-É gratis.
-No, gracias.

6.
-Quere un poema?
-Pero é que aquí non o podo ler que non vexo, teño que levalo á casa.
-Claro, é para vostede.
-Pero non teño que devolvelo?
-Non, non, é un regalo para vostede, para que o leve á casa.



















-A Bolboreta intenta buscar colaboradores noutras cidades de Galicia. Se tedes unha idea non dubidedes en pedirnos axuda. Recordade que as nosas accións son sempre anónimas e de balde.

-Para calquera dúbida ou suxerencia non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

-Os interesados en colaborar na próxima acción da Bolboreta Curda (aínda por determinar) poden poñerse en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico.

bolboretacurda@gmail.com

-Tamén estamos en Facebook: Agréganos


NOS PRÓXIMOS DÍAS PODEREDES VER O VIDEO DA SITUACIÓN.